Programa1421
MP3•หน้าโฮมของตอน
Manage episode 445943878 series 2775978
เนื้อหาจัดทำโดย Podcast de Corcovadomusica เนื้อหาพอดแคสต์ทั้งหมด รวมถึงตอน กราฟิก และคำอธิบายพอดแคสต์ได้รับการอัปโหลดและจัดหาให้โดยตรงจาก Podcast de Corcovadomusica หรือพันธมิตรแพลตฟอร์มพอดแคสต์ของพวกเขา หากคุณเชื่อว่ามีบุคคลอื่นใช้งานที่มีลิขสิทธิ์ของคุณโดยไม่ได้รับอนุญาต คุณสามารถปฏิบัติตามขั้นตอนที่แสดงไว้ที่นี่ https://th.player.fm/legal
Edición número 1421 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 18 de outubro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 19 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 23 de outubro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 26, tamén de outubro, na sintonía de Rádio Filispim. A finais da década dos 80 do pasado século comezaron a chegar ás nosas mans discos gravados por bandas finlandesas que, dun xeito ou outro, nos permitiron intuír a diversidade e riqueza da música trad feita no país nórdico. Neste grupo estaban, entre outros, Värttinä, Niekku, Pirnales e Salamakannel. Este últimos estiveron activos preto de dez anos, mais cesaron a súa actividade a comezos dos anos 90. Deixáronnos como legado tres discos. Agora, algo máis de 30 anos despois, os Salamakannel están de volta. Da formación orixinal só queda un membro, o intérprete de kantele Hannu Saha. O grupo recomezou a súa actividade no 2018, mais até o de agora non editaran música nova. Esta mesma fin de semana editan a través de Bafe’s Factory o seu novo e espléndido traballo, “IV”. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Estréovos, ademais, o novo disco do trío Wishamalii, banda afincada en Helsinki. Traballan no grupo Kari Ikonen (piano), Nemat Battah (voz, oud) e Abdissa “Mamba” Assefa (percusión). Veñen de publicar con Nordic Notes “Al-Bahr”, disco onde converxen as músicas tradicionais árabes coa linguaxe expresionista do jazz. Non é esta a nosa última estrea. Aproveitamos para escoitar diferentes adiantos discográficos que serán lanzados ao longo das vindeiras semanas. É o do caso das novas producións dos Sonic Interventions, Aboubakar Traoré & Balima e Annarella Sörlin e Django Diabaté. Na recta final escoitamos o folk iconoclasta do dúo Radizi, antes de nos despedir con Baiuca.
…
continue reading
70 ตอน