Join us for the launch of Season 6 of Biscuits & Jam on Tuesday, March 4th, 2025 with The War and Treaty’s Michael and Tanya Trotter. Learn more about your ad choices. Visit podcastchoices.com/adchoices
Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 2d ago
เพิ่มแล้วเมื่อ sevenปีที่ผ่านมา
เนื้อหาจัดทำโดย Radio Cerna เนื้อหาพอดแคสต์ทั้งหมด รวมถึงตอน กราฟิก และคำอธิบายพอดแคสต์ได้รับการอัปโหลดและจัดหาให้โดยตรงจาก Radio Cerna หรือพันธมิตรแพลตฟอร์มพอดแคสต์ของพวกเขา หากคุณเชื่อว่ามีบุคคลอื่นใช้งานที่มีลิขสิทธิ์ของคุณโดยไม่ได้รับอนุญาต คุณสามารถปฏิบัติตามขั้นตอนที่แสดงไว้ที่นี่ https://th.player.fm/legal
Player FM - แอป Podcast
ออฟไลน์ด้วยแอป Player FM !
ออฟไลน์ด้วยแอป Player FM !
พอดคาสต์ที่ควรค่าแก่การฟัง
สปอนเซอร์
Podcast Radio Cerna
ทำเครื่องหมายทั้งหมดว่า (ยังไม่ได้)เล่น…
Manage series 1851508
เนื้อหาจัดทำโดย Radio Cerna เนื้อหาพอดแคสต์ทั้งหมด รวมถึงตอน กราฟิก และคำอธิบายพอดแคสต์ได้รับการอัปโหลดและจัดหาให้โดยตรงจาก Radio Cerna หรือพันธมิตรแพลตฟอร์มพอดแคสต์ของพวกเขา หากคุณเชื่อว่ามีบุคคลอื่นใช้งานที่มีลิขสิทธิ์ของคุณโดยไม่ได้รับอนุญาต คุณสามารถปฏิบัติตามขั้นตอนที่แสดงไว้ที่นี่ https://th.player.fm/legal
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
…
continue reading
297 ตอน
ทำเครื่องหมายทั้งหมดว่า (ยังไม่ได้)เล่น…
Manage series 1851508
เนื้อหาจัดทำโดย Radio Cerna เนื้อหาพอดแคสต์ทั้งหมด รวมถึงตอน กราฟิก และคำอธิบายพอดแคสต์ได้รับการอัปโหลดและจัดหาให้โดยตรงจาก Radio Cerna หรือพันธมิตรแพลตฟอร์มพอดแคสต์ของพวกเขา หากคุณเชื่อว่ามีบุคคลอื่นใช้งานที่มีลิขสิทธิ์ของคุณโดยไม่ได้รับอนุญาต คุณสามารถปฏิบัติตามขั้นตอนที่แสดงไว้ที่นี่ https://th.player.fm/legal
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
…
continue reading
297 ตอน
ทุกตอน
×A Xunta de Galiza reduce a protección ambiental dos terreos da Ulloa onde Altri quere instalar a súa celulosa. O presidente da Xunta evita dar explicacións e remítese de novo ao traballo do persoal técnico na declaración de impacto ambiental da planta. Veciñanza de Bembrive e Mós presentan 25.000 alegacións contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A Xunta manobra para ampliar a balsa de lodos vermellos de Alcoa a pesar dos riscos medioambientais. Denegada a autorización ambiental ao proxecto da planta de biometano en Coeses, en Lugo. Entregan centos de alegacións contra a instalación dun vertedoiro a ceo aberto en Val do Dubra. O TSXG paraliza cautelarmente un proxecto eólico que ameazaba as bestas de Sabucedo. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A solicitude de concesión de augas de Altri tería que desestimarse por vencer o prazo legal para resolver. O proxecto estivo no centro dunha nova disputa esta semana no Parlamento de Galiza entre Rueda e Pontón. A empresa, pola súa banda, confirma que tramita co Ministerio de Industria unha axuda directa de 250 millóns de euros. En materia eólica, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza frea cautelarmente o proxecto eólico Zamorra, en Agolada, a instancias de ADEGA. A Confraría de Noia anuncia unha querela contra Naturgy pola morte do marisco. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
O xornal La Voz de Galicia revela que o informe preceptivo de Augas de Galiza sobre a fábrica de Altri en Palas de Rei é favorable. 300 persoas implicadas, máis de 15.000 paus de batea recollidos e tan só 3 días de traballo: este é o balance final do Tarugotón, a primeira recollida simultánea de paus de batea en Galiza. ADEGA Vigo - O Morrazo vén de presentar alegacións fronte ao proxecto da autovía A-52. Galiza será a comunidade do Estado que máis terá que asumir na sanción imposta pola Unión Europea ao Estado español por non cumprir cos obxectivos de reciclaxe. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
O actual proxecto mineiro de Touro, un risco para o ambiente e para a saúde aínda maior que o que implicaba o de 2017. Tamén en materia mineira, ADEGA denuncia á Xunta e ao Concello de Foz polas irregularidades na tramitación dunha canteira de caolín. O goberno galego comeza a tramitación dun novo plan eólico, sen que organizacións ecoloxistas e asociacións veciñais poidan participar nos órganos de decisión. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Noruega denega o permiso ambiental a unha celulosa coma a de Altri. Este domingo 26 de xaneiro, hai unha nova cita nas rúas coa defensa do medio ambiente e contra a invasión eólica. Tamén en materia eólica, ADEGA lanza unha campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! para frear nos tribunais o proxecto eólico Patiñeiro, en Vimianzo. Desplome do marisco na ría de arousa, unha das principais zonas de cría do mundo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Nova cita nas rúas galegas: o próximo domingo, 26 de xaneiro, a Coordinadora Eólica Así Non fai un chamado ao pobo galego a mobilizarse en diferentes puntos da xeografía galega contra a invasión eólica. Alerta no agro galego polas plantas de biometano que están a promover as empresas enerxéticas. A Xunta apraza a súa decisión sobre o proxecto de macrocelulosa de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
O pobo galego protagonizou unha xornada de reivindicación histórica o pasado domingo en defensa da terra e contra a macrocelulosa de Altri. As reaccións políticas non se fixeron agardar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di manterse firme e coas cousas claras e a oponición ínstao a escoitar a cidadanía. Nesta mesma semana, a coordinadora Eólica Así Non concentrouse diante do Parlamento de Galiza para denunciar o constante acoso do Partido Popular sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. ADEGA e o Concello de Santiago achegan a xestión sostible dos residuos e a compostaxe aos centros de ensino. Isto e máis, en Radio Cerna!…
Facultades e departamentos de tres universidades e do CSIC ratifican o seu rexeitamento a Altri a unha semana da gran mobilización contra a macrocelulosa prevista para o próximo domingo, 15 de decembro, en Santiago de Compostela. Na mesma liña científica, vén de ver a luz o primeiro libro que aborda de forma exhaustiva os impactos sobre terra, mar e aire de Altri, da man de ADEGA e do biólogo Ramón Varela. Desde a ría tamén lanzan o seu NON ao proxecto, que suporía a estocada final a unha xa moi minguada produción na ría de Arousa. Ademais, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración no Parlamento o próximo martes 17 para denunciar o constante acoso do PP sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. Isto e máis, en Radio Cerna!…
Organizacións ambientais de todo o mundo esixen á Xunta de Galiza e ao Goberno de España a paralización inmediata da fábrica de Altri. E a mobilización social non cesa. Conta atrás para a gran manifestación contra a macrocelulosa que terá lugar en Compostela o 15 de decembro. O Partido Popular e o PSOE galego demandan a exclusión do lobo da listaxe de especies protexidas. Tamén no Parlamento, o PP rexeita unha moción presentada polo BNG para ampliar ata 2030 a moratoria de plantar eucaliptos. O Ártico podería quedar sen xeo antes de 2030. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncian un clamor en Compostela contra Altri e a Xunta o próximo 15 de decembro. A Xunta de Galiza expulsa as organizacións ecoloxistas e as comunidades de montes veciñais do Consello de Minaría de Galiza; e no mar, bloquea a participación das entidades ambientais en Redemar. A asociación ecoloxista ADEGA procura fondos para recorrer ante o tribunal superior de xustiza de galiza o proxecto eólico Restelo, nos Ancares e na Fonsagrada. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
ADEGA denuncia ante a Audiencia Nacional a autorización das obras do treito II da A-57, en Pontevedra. Doutra banda, a organización procura fondos para recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o proxecto eólico Monteiro, nos Ancares e na Fonsagrada. O Banco Central Europeo alerta das consecuencias da degradación dos ecosistemas sobre a inflación e o crecemento económico. E comezou esta semana un xuízo inédito con dúas grandes multinacionais implicadas: Iberdrola e Repsol. Isto e máis, en Radio Cerna!…
Fanse 22 anos da catástrofe ambiental e económica do Prestige. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende cautelarmente outros tres proxectos eólicos, e suma en total 62. A Xunta admite unha “importante saturación de instalacións gandeiras na Limia” que poden afectar á calidade das augas. Nace a Plataforma fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo. E en Lugo, ADEGA e Ríos con Vida anuncian accións legais e sociais na defensa dos ríos do concello. Isto e máis, en Radio Cerna!…
Comezamos este boletín co freo a outros tres proxectos macroeólicos en Terra de Montes; e coa autorización ambiental "express" e fraudulenta para o recrecimento da balsa de lamas vermellas de Alcoa. Ademais, Xunta de Galiza encarga un mapa de zonas inundables por máis de 266.000 euros seis días despois da catástrofe de Valencia. Tamén a Xunta quere reactivar 60 dereitos mineiros antes de que remate este ano. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A maior DINA do século XXI no Estado asola o País Valenciá. O canon eólico en Galiza fai 15 anos de vida e o goberno galego expón mudalo. A Xunta de Galiza acudirá ao TXUE para defender os eólicos paralizados cautelarmente polo TSXG. O Consello da Cultura Galega defende o rigor científico do informe sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. Isto e máis, en Radio Cerna!…
O Partido Popular de Galiza rexeita a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e o marisqueo tradicionais. Tamén no Parlamento, esta semana aprobouse a Lei de Recursos Naturais de Galiza, a primeira norma da lexislatura. En materia eólica, a organización ecoloxista ADEGA demanda a paralización do parque eólico Ruña II, no concello de Mazaricos; e ademais, o Tribunal Supremo avala unha paralización cautelar dun parque eólico decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Viaxamos ao corazón de Galiza grazas ao descubrimento de novas galerías na cova da Sima de Aradelas, no Courel. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A organización ecoloxista ADEGA e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica conseguen paralizar cautelarmente outro proxecto eólico na montaña de Lugo. No mar, a Xunta prevé que en 2025 se autoricen en Galiza 5 proxectos de eólica mariña. En materia de turismo, Sanxenxo multiplica por 7,5 as persoas residentes durante o verán e un estudo alerta dos impactos ambientais desta situación. As rías galegas sofren o efecto deste turismo masivo e do cambio climático. Doutra banda, a educación ambiental chega á rapazada lucense da man de ADEGA e do programa de Medio Rural da Deputación de Lugo, Da Escola á Granxa. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A Xunta de Galiza inicia unha campaña para silenciar milleiros de persoas e colectivos opostos a Altri, e o presidente Rueda procura desacreditar as alegacións ao proxecto dicindo que a maioría son copias. A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, co apoio doutras asociacións e colectivos galegos, convocan unha nova gran mobilización contra Altri o 15 de decembro. Unha investigación da USC demostra a presenza no territorio que pretende ocupar o complexo industrial de 4 especies botánicas ameazadas. En materia eólica, o TSXG tomba de forma cautelar o macroproxecto eólico de Vila de Cruces a instancias de ADEGA. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a creación dunha comercializadora eléctrica, que a oposición cualifica como puro márketing. Altri recoñece que a macrocelulosa no Ulla non ten encaixe en ningún dos Proxectos Estratéxicos de Recuperación e Transformación Económica (Perte) lanzados polo Goberno do Estado. O eucalipto aumentou un 48% nas Fragas do Eume despois de ser declaradas Parque Natural. Máis de 800 persoas voluntarias ao longo de toda Galiza recolleron este pasado domingo case 8 toneladas de lixo no marco da Limpeza Simultánea de Ríos. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!…
Sogarisa e Sogama sitúan Galiza no mapa dos vertedoiros de refugallos perigosos. O eucalipto ocupa o 14% do territorio total en Galiza, e case un 30% da súa extensión forestal. A Unión Europea sucumbe ás presións do sector da caza e gandeiro e rebaixa a protección do lobo. ADEGA e Proxecto Ríos poñen a punto a Limpeza Simultánea de Ríos 2024 en toda a xeografía galega para este domingo, 24 de setembro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Graves incendios forestais en Portugal. Os negocios turísticos móstranse preocupados pola macrocelulosa de Altri. O TSXG paraliza cautelarmente 59 proxectos eólicos en 71 concellos; e a organización ecoloxista ADEGA pon a disposición un modelo de alegación a outro proxecto eólico fotovoltaico na Ribeira Sacra. En materia de mobilidade, as cidades galegas viven o inicio dun cambio de modelo, con menos coches e máis bicis e VMP. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
O Consello da Cultura Galega asegura que a macrocelulosa de Altri xeraría unha grave fractura no territorio. Dous proxectos de centrais de bombeo pretenden instalarse no río Xallas cun brutal impacto paisaxístico e ambiental. A Condeferación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador á cidade deportiva do Celta por vertedura de augas residuais. A organización ecoloxista ADEGA consegue o freo cautelar do proxecto eólico Neboada, no Courel e na Ribeira Sacra. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Novos incendios forestais en Crecente e na Baixa Limia. Xa en vigor a primeira lei europea que obriga os Estados a restaurar a natureza e non só protexela. O Goberno do Estado autoriza dous proxectos eólicos nas comarcas do Eume, A Mariña e Ortegal. A Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita canda nós as novas medioambientais máis importantes da semana!…
Xa son 52 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polos seus posibles danos sobre o medio ambiente. Entre eles, a instancias de ADEGA, o alto tribunal freou o proxecto eólico Xesteirón, Valdepereira e Xeada nos últimos días. No cerne destes logros está a campaña de recadación #TiPodesParalos. Noutra orde de cousas, a Xunta avala as medidas propostas por Altri para paliar o seu impacto paisaxístico. E para rematar, unha boa nova: Ames, modelo europeo de loita contra o lume polas súas accións de prevención de incendios. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
O Tribunal Constitucional non admite o recurso do Estado contra a prórroga de Ence en Pontevedra. A ola de calor provoca 33 falecementos da última semana de xuño. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para recorrer nos tribunais un proxecto eólico en Lugo e Castroverde. Aparecen pequenas bólas de chapapote en diferentes praias galegas, sobre todo no litoral da Mariña Lucense. Isto e máis, en Radio Cerna!…
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emite unha resolución en materia de emisións industriais que podería ter efecto sobre a instalación de Altri. ADEGA consegue a paralización cautelar do proxecto eólico Serra do Furco nos Ancares. No mar, o Tribunal Supremo rexeita o recurso do sector pesqueiro contra os plans do Estado para a eólica mariña. A veciñanza de Lugo está en pé de guerra contra o proxecto de instalación dunha planta de biometano no monte veciñal de Coeses. Isto e máis, en Radio Cerna!…
Rueda nega unha reunión á veciñanza da Ulloa sobre a macrocelulosa de Altri e volve cargar contra as persoas manifestantes. No medio do debate polos impactos de Altri, Ence emite un comunicado coas supostas vantaxes ambientais da planta de reciclado de fibras téxtiles que quere implantar nas Pontes. Ence, Altri... e polo medio, unha Galiza que concentra máis da metade do eucalipto do Estado, segundo un estudo da USC e UVigo. Ademais, a Eira da Xoana de ADEGA, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo acadan os 6.000 euros necesarios para preservar e protexer a parcela histórica de Santo Estevo de Ermo na Mariña. Isto e máis, en Radio Cerna!…
O proxecto de Altri en Palas provocará danos irreversibles sobre flora única no mundo. ADEGA e investigadores da USC rexeitan a instalación desta macrocelulosa e piden ás institucións galegas, españolas e europeas que defendan o patrimonio natural. A Xunta de Galiza prepara unha nova lei para simplificar a normativa de tramitación ambiental e tamén declara proxecto industrial estratéxico a mina de Cobre San Rafael no Pino e Touro. En materia eólica, a plataforma Eólicos no Morrazo NON denuncia que máis do 80% das mámoas rexistradas no Morrazo están ameazadas polos polígonos eólicos proxectados.…
Bruxelas alerta o Estado español de que debe evitar a deterioración do encoro de Portodemouros que abastecerá a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. A Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela fai público o seu rexeitamento á factoría e adhírese ao manifesto en defensa da flora e fauna ameazada por Altri. A Xunta de Galiza oculta desde xaneiro a solicitude dun novo megaproxecto mineiro en Touro. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acorda a suspensión cautelar de 49 proxectos eólicos no que vai de ano. Isto e máis, en Radio Cerna!…
Chamado a rodear a Xunta contra a macrocelulosa de Altri o próximo domingo, 30 de xuño. A Xunta aproba a utilidade pública do proxecto eólico Neboada, que ADEGA recorreu e solicitou a súa paralización cautelar no TSXG. Ademais, o tribunal galego anula o permiso da Xunta á única mina de coltán de Europa, en Viana do Bolo. A Fundación Eira da Xoana, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo de Ermo procuran fondos para recuperar e protexer un espazo privilexiado na Mariña.…
O ecoloxismo chama á mobilización social este domingo, 20 de xaneiro, en Compostela en defensa do mar e contra a incompetencia dos gobernos da Xunta e o Estado na xestión da marea de pellets que asola as costas galegas. Tamén esta semana sóubose que o proxecto de celulosa Altri na Ulloa ocultou información sobre o impacto da súa factoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo de extinción. O ano 2023 foi o máis cálido en Galiza en seis décadas; e varias plataformas denuncian os nesgos na aprobación de cinco proxectos eólicos por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. Estas e outras noticias, en Radio Cerna!…
Novas mobilizacións de Eólica Así Non polo Día das Montañas fronte a gobernos e especuladores. O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas en terras da Rapa das Bestas. Nace tamén a plataforma Galiza sen gas, da que forma parte ADEGA, para acelerar o abandono dos combustibles fósiles. O futuro climático debátese en Dubái, na COP28, mentres que organizacións ecoloxistas reclaman o dereito dos pobos a vivir nunha contorna digna e sa. Outes será o primeiro concello en recoñecer os dereitos dun río. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A coordinadora Eólica Así Non mobiliza centos de persoas fronte ao Parlamento de Galiza contras as leis do PP que entregan o país definitivamente ao capital privado. A Xunta de Galiza retira o permiso que lle concedeu á mina de San Finx para verter augas contaminadas. Un estudo coordinado por ADEGA duplica o número de especies botánicas coñecidas na Illa de Tambo. E ademais, a Comisión Europea permite o uso do glifosato unha decada máis. Estas son algunhas das noticias de máis actualidade que tratamos neste novo programa de Radio Cerna. Escoita!…
A Xunta de Galiza deixa maioritariamente en mans privadas a nova sociedade mixta para impulsar proxectos de renovables, da que formarán parte empresas como Abanca, Ence ou Finsa. Fronte á política eólica da Xunta, a coordinadora Eólica Así Non convoca a sociedade galega a unha nova concentración fronte ao Parlamento de Galiza. Ademais, a Xunta acepta a Ence na Alianza Galega polo Clima. Puxeron o raposo a coidar das galiñas, di a APDR. Tamén esta semana a SGHN reclamou que a gaivota sexa considerada especie vulnerable en Galiza; e un estudo confirma que millóns de microplásticos caen do ceo cada día. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Terremoto político en Portugal por presunta corrupción en dúas minas de litio na fronteira con Galiza. Aquí, Amancio Ortega ultima a compra do 49% dunha megacarteira de renovables de Repsol. Inditex, ademais, érguese como unha das marcas máis contaminantes con toneladas de roupa transportadas por avión, segundo unha recente investigación. No mar, vén de acabar a campaña marisqueira máis curta da historia na ría de Muros e Noia; e o mundo da apicultura reclama á Xunta a creación dun comité específico para a loita contra a velutina. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna!…
Unha empresa andaluza proxecta tres parques eólicos fronte á costa da Mariña; e en terra, máis de 80 profesionais e grandes figuras da cultura e ciencia asinan o Manifesto Acibal contra o espolio eólico dos montes. Ademais, 21 explotacións mineiras en Galiza están en situación irregular, segundo o Observatorio Ibérico da Minaría. Tres sociedades científicas denuncian os impactos ambientais do proxecto de modernización dos sistemas de rega na Limia; e a UNESCO tacha a iniciativa de praia fluvial sobre o Miño de "acción destrutiva". Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!…
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente o polígono Acibal, situado en Barro, Campo Lameiro e Moraña. Esta sentenza supón un novo golpe xudicial para a política eólica da Xunta nun momento no que manobra coa lei para procurar "blindar" o seu modelo a través das declaracións dos proxectos de "interese público superior". Mentres, a campaña Ti Podes Paralos! lanza un novo desafío para frear o P.E. Zamorra, en Agolada. Mantense a guerra aberta entre a Xunta de Galiza e o Goberno español a conta das competencias sobre o litoral; e o xacinto de auga ameaza a biodiversidade galega. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
A patronal eólica volve cargar contra a Xustiza e os colectivos ecoloxistas polas anulacións e suspensións cautelares de polígonos eólicos en Galiza. Mentres, ADEGA alerta que a lei de beneficios sociais da Xunta pode acabar nun lavado de cara para o lobby eólico, mineiro e pasteiro. Ademais, Iberdrola, Naturgy e Endesa pagan máis de medio millón de euros ao ano para influír nas políticas europeas segundo unha investigación internacional. A Xustiza paraliza cautelarmente a explotación mineira da Penouta, en Viana do Bolo; e Galiza vive o seu peor incendio do 2023 na Mariña. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Medio século despois, a central térmica das Pontes deixa de queimar carbón. Apágase un símbolo industrial e cesa unha das maiores fábricas de cambio climático de Europa. Ao tempo, xa son 40 os recursos contra parques eólicos que chegaron ata o de agora ao TXSG. Tamén esta semana se publicou un informe que indica que o 78% de Galiza respirou aire contaminado por ozono ao longo deste ano. Primeira semana coa Lei de Benestar Animal en vigor. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna. Escoita!…
A Xunta de Galiza acumula frontes abertas nos xulgados en materia medioambiental, a conta do modelo eólico, a mina de San Finx e a cidade deportiva do Celta en Vigo. Ademais, esta semana toca dicir adeus á purpurina e demais produtos con microplásticos engadidos intencionadamente. ADEGA iniciará unha campaña informativa sobre a situación da xestión de residuos na Coruña e As Mariñas; mentres a sociedade galega volveu mollarse polos ríos un ano máis a través da Limpeza Simultánea de Ríos impulsada por ADEGA. Isto e máis, no novo programa de Radio Cerna!…
A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica lanza unha nova plataforma (https://retotpp.heroes.help) para que calquera persoa poida reunir fondos para a causa a través de retos persoais. Auditores da Unión Europea poñen en dúbida que a eólica mariña sexa inocua para o medioambiente. O Consello da Cultura Galega alerta de que o eucalipto provoca unha perda de biodiversidade e urxe medidas. A emerxencia cinexética declarada pola Xunta é unha decisión "improvisada" e "acientífica", segundo ADEGA. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Un complexo eólico cunha potencia de máis de 320 megawatts ameaza as comarcas da Limia e Monterrei, mentres que a campaña de recadación colectiva Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica se achega aos 160.000 euros reunidos. A Xunta subvencionará a eólica mariña con máis de 5 millóns de euros; o proxecto de central de bombeo en Castrelo de Miño xera rexeitamentos na veciñanza; e a Xunta de Galiza permite a caza sen límite de xabarís no 80% de Galiza. Todos estes temas da actualidade medioambiental da semana, e máis, neste novo episodio de Radio Cerna.…
A campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos supera a barreira dos 150.000 euros. Á par da eólica, Galiza vive o boom da hidroeléctrica, con 7 centrais de bombeo proxectadas no territorio. Tamén esta semana a mina de San Finx volveu ao foco informativo tras saberse que o río ten niveis de cadmio 78 veces superiores aos permitidos. A Xunta expedientou á mineira. A guerra contra o lobo regresa e confírmase que o verán do 2023 foi o máis cálido dende que hai rexistros. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos está a piques de superar os 100.000 euros en doazóns, un fito moi importante, e suma un novo desafío para procurar frear o P.E. Paraño Oeste. Ao tempo, as eólicas dinamitan o Acibal, un monte cheo de petróglifos e pedras históricas en Moraña, na comarca de Caldas; e no mar, Portugal prioriza a zona da fronteira con Galiza no seu estreo da eólica mariña. O cambio climático é unha das maiores preocupacións da cidadanía actualmente, e os seus efectos nótanse en terra e nas augas. As altas temperaturas están detrás da morte masiva de navallas na Lanzada. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
As montañas orientais de Galiza urxen o apoio social a través da campaña Ti Podes Paralos para frear a invasión eólica. Mentres a patronal mantense nunha cruzada contra as sentenzas que tombaron varios parques eólicos autorizados pola Xunta de Galiza. ADEGA cualifica estes ataques de indecentes e antidemocráticos. Ademais, a Fiscalía abre dilixencias contra altos cargos de Augas de Galiza por autorizar verteduras da mina de San Finx; e a cidade deportiva que o Celta constrúe nos montes comunais de Mos esquiva unha rigorosa avaliación ambiental. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
O Día Mundial do Medio Ambiente en Galiza estivo atravesado pola loita social contra Altri e a vaga eólica, e pola petición de ampliación e mellora urxente da xestión da Rede Natura. ADEGA lanza unha nova campaña de recadación solidaria para frear un polígono eólico na Terra Chá que ameaza o millafre real, unha ave en perigo de extinción. Ademais, un estudo a nivel europeo deita luz sobre a explotación laboral que sofren milleiros de persoas migrantes no sector da agricultura, tamén no Estado español e Galiza.…
Palas de Rei acolle unha mobilización histórica contra a macrocelulosa proxectada por Altri e Greenalia no corazón de Galiza. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para reunir os fondos necesarios para levar o polígono eólico Monte Contado ante a Xustiza. A empresa Erimsa proxecta unha mina a ceo aberto dunhas 1.000 hectáreas na comarca de Ordes. A Xunta de Galiza dálle a razón a ADEGA e recoñece que a tramitación da Rolda Leste era irregular. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
A factoría de Altri contaminará a atmosfera máis que todas as celulosas do Estado. A análise da documentación do “Proxecto GAMA” non deixa de achegar datos preocupantes. E mentres, empresas e produtoras agroalimentarias da propia Ulloa, do Deza, Melide e Arzúa mostran tamén o seu rexeitamento ao proxecto de macrocelulosa cun manifesto. Ademais, con motivo do Día Europeo da Rede Natura 2000, unha trintena de organizacións ecoloxistas piden triplicar en seis anos a superficie actual da Rede Natura en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
A megafactoría de Altri constituiría un problema de saúde pública, segundo alertan médicas. Xa son 40 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente pola Xustiza no que vai de ano; un dos últimos, o Acibal, no que a empresa promotora, Norvento, segue traballando tras a resolución xudicial, segundo a plataforma Amil Sen Eólicos. O sector marisqueiro atravesa un dos seus peores momentos; e ADEGA celebra a súa Asemblea Xeral en Melide. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
A Xunta deixa a porta aberta a financiar a macrocelulosa de Altri na Ulloa. Mentres, cada vez máis persoas se unen á defensa da Ulloa fronte ao proxecto. A primeira gran manifestación para mostrar a forza social terá lugar o 26 de maio en Palas de Rei, convocada pola Plataforma Ulloa Viva. Doutra banda, ADEGA e plataforma veciñal de afectados e afectadas pola A-57 conseguen en tempo récord os fondos necesarios para recorrer a autovía A-57 de Pontevedra na Audiencia Nacional. E Medio Rural está a destruír a Devesa do Lusío en Samos ao non facer efectiva unha orde de paralización. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Viaxe de ADEGA canda a outros colectivos a Bruxelas para denunciar o proxecto de celulosa que pretende instalar Altri na Ulloa. A Xunta de Galiza coñecía a presenza de especies ameazadas no espazo que ocuparía esta factoría e evitou protexelo. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente un novo proxecto eólico a instancias de ADEGA, o Rodicio II; e a organización impulsa unha nova campaña de recadación para frear outro parque, o Monte Xesteiros. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A Coordinadora Eólica Así Non concéntrase diante do Parlamento de Galiza ao berro de "Rueda escoita, seguimos en loita!" na xornada da investidura do presidente Alfonso Rueda. Os colectivos esíxenlle un cambio radical na súa política enerxética. Ademais, o TSXG suspende de forma cautelar outros sete proxectos eólicos, dous deles a instancias de ADEGA. Xa son 27 en total. ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian ante a Valedora do Pobo o abandono e degradación do xacemento arqueolóxico da Roda en Barreiros, Lugo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Altri segue no foco mediático cun proxecto de macrocelulosa con altos impactos ambientais, sociais e económicos para a comarca da Ulloa. Ademais, a campaña de doazóns Salva o Lérez. Stop A-57 recada xa máis do 60% dos fondos necesarios para levar un treito da autovía A-57 aos tribunais. A coordinadora eólica así non chama a participar na manifestación deste sábado 6 de abril en Burela por un modelo alternativo de desenvolvemento da eólica en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna. Escoita!…
O proxecto de macrocelulosa de ALTRI na Ulloa é un "ataque ao corazón do interior de Galiza". Veciñanza e movemento ecoloxista opóñense a este modelo industrial insustentabe e chaman a presentar alegacións contra a factoría. Ademais, ADEGA e o colectivo Amil Sen Eólicos demandan ante o TSXG a paralización inmediata das obras do polígono eólico Acibal, un "espolio patrimonial". A campaña de doazóns Salva o Lérez. STOP A-75 acada na súa primeira semana o 30% dos fondos precisos para procurar frear nos tribunais o treito 2 da A-57 no rural pontevedrés. Esta semana celebrouse o Día Internacional dos Bosques e o Día Mundial da Auga. Falamos disto e de máis, no novo programa de Radio Cerna!…
ADEGA lanza unha campaña para salvar o espazo de Rede Natura do Lérez da autovía A-57, que implicará a construción dun viaduto de 700 metros sobre este río. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente ata 18 proxectos eólicos desde a sentenza do Supremo que restrinxía os argumentos polos que anular parques. Paira sobre a veciñanza a preocupación polo proxecto de macrocelulosa que prevé instalar ALTRI na Ulloa. Este foi o inverno en Galiza máis cálido dende que hai rexistros. Todas estas novas e outras, en Radio Cerna!…
ADEGA denuncia os impactos do proxecto de ALTRI na Ulloa sobre os recursos hídricos; e a Serra da Groba libra, polo momento, dos proxectos eólicos polas súas afectacións ambientais. Ademais, esta semana o Parlamento Europeo aprobou definitivamente a Lei de Restauración da Natureza, mentres que relaxa os requisitos ambientais para obter axudas da PAC no medio das protestas do campo. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna. Escoita!…
ADEGA querélase contra a ex Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galiza, Paula Uría, por condonar a Greenalia unha débeda millonaria coa facenda pública. Os pellets regresan á palestra a conta dun informe de Salvamento Marítimo que mostra que a Xunta só mobilizou o 40% dos medios que anunciou. O desxeo en Groenlandia está alterando as correntes oceánicas que rexen o clima en Europa, e xa mostran os seus primeiros signos de colapso. Todo isto e máis, en Radio Cerna. Escoita!…
A Fiscalía investiga se o Goberno de Alfonso Rueda deixa en mans das eléctricas a redaccións dos informes claves para a autorización dos negocios eólicos. Ola de protestas na agricultura e na gandaría, a raíz das que a Comisión Europea está desmontando medidas clave para reducir a contaminación do agro. Novo golpe á Cidade Deportiva do Celta en Vigo polos seus impactos sobre os recursos hídricos. Isto e máis, en Radio Cerna!…
ADEGA lanza #EuQueroProxectoRíos, a campaña de recollida de sinaturas pola continuidade do emblemático Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos ao que a Xunta de Galiza vén de retirar o seu apoio. Ademais, a coordinadora Eólica Así Non propón ás forzas políticas candidatas a gobernar a Xunta un decálogo para un modelo enerxético alternativo. E ás portas das novas eleccións, Medio Ambiente subvenciona o sector da caza con 30.000 euros. A Fiscalía abre expediente contra Sogarisa e a Xunta polos reiterados episodios de contaminación no polígono das Somozas. Novo récord histórico de calor en Europa: 38,8ºC. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita!…
A Xunta de Galiza retira o seu apoio ao emblemático Proxecto Ríos e abandona definitivamente o voluntariado galego en plena crise ambiental. Ao tempo, a cidadanía galega sae á rúa para reivindicar uns mares sen plástico ante o desastre ambiental dos pellets. A empresa propietaria da mina de San Finx está imputada por delitos contra o medio ambiente; e o persoal traballador denuncia o estado de abandono da planta de residuos de Lousame. Ti Podes Paralos! supera os 190.000 euros recadados, o que permitirá a ADEGA recorrer unha trintena de proxectos eólicos nos tribunais. Isto e máis, en Radio Cerna!…
O cambio climático irrompe na campaña electoral e as formacións políticas destapan as súas propostas diante do reto da transición ecolóxica, no que aparece o debate eólico. Neste mesmo ámbito, as presións da patronal eólica, da Xunta (e agora tamén de CCOO) contra os xuices que anularon os parques eólicos de Campelo e Bustelo persisten, ata o punto que o propio TSXG e Xuíces pola Democracia tiveron que pedir respecto pola independencia xudicial. Desde ADEGA cualifícas a situación de vergoñenta e lamentable e anima ao pobo a seguir denunciando a invasión eólica inxusta e insustentábel a través da campaña "Ti podes paralos!". Isto e moito máis neste espazo de Radio Cerna!…
A campaña de ADEGA contra a depredación eólica xa acada os 70.000 euros de recadacións solidarias para que a organización ecoloxista galega recorra nos tribunais máis de 30 macroproxectos eólicos autorizados en abril pola Xunta de Galiza e que exercen graves danos ambientais e sociais no territorio. Ante a caída continuada de proxectos eólicos a golpe de sentenza, o sector amosa o seu nervosismo e acusa ao TSXG de crear inseguridade xurídica. Tamén ADEGA xunto con Mariña Patrimonio descobren castros e mámoas sen inventariar na poligonal do P.E. do Picato en Lugo que nin Xunta nin empresa incluíron na avaliación ambiental do proxecto. Por outro lado, nesta semana aprobouse a nova lei de ordenación do litoral de Galiza e o Supremo desestimou os recursos de casación do Concello de Pontevedra e do EStado contra o fallo que aproba a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra ata 2073. Coñece a actualidade ambiental e ecoloxista da última semana con Radio Cerna!…
A campaña de doazóns "Ti podes paralos!" contra a depredación eólica de Galiza segue evolucionando favorablemente e acadando varios dos obxectivos marcados. ADEGA suma esta semana 3 campañas máis de micromecenado para levar os macroproxectos eólicos especulativos autorizado pola Xunta aos tribunais. Namentres, a Xunta cambia de conselleiro de Industria, Greenalia intenta desacreditar ao TSXG, e a Ministra Ribera dá 6 meses máis de prórroga ás promotoras eólicas para obter as autorizacións de construción e actualiza o Plan Nacional de Enerxía e Clima. En Europa non chegan a acordo sobre a Lei de restauración da Natureza. Isto e moito máis en Radio Cerna!…
A Xunta non gaña para sustos! Esta semana dúas novas sentenzas do TSXG declaran ilegal a política eólica do goberno galego. Un dos fallos anula o proxecto eólico Bustelo, o segundo de Greenalia, recorrido na xustiza por ADEGA. Outra das sentenzas paraliza cautelarmente o P.E. Lagoa II, de Zas e Santa Comba. A campaña "Ti podes paralos!" acada os 40.000 euros de achegas solidarias da cidadanía galega para conseguir anular ducias de complexos eólicos nos tribunais. Esta semana, ADEGA lanza tres novas campañas #TPP para presentar emprendar accións legais contra outros tres parques eólicos. Máis novas da semana se premes no audio!…
Recentes sentenzas do TSXG conseguen deter proxectos industriais con alto impacto sobre espazos de elevado valor natural, como o fallo que anula o parque eólico de Campelo ou a recente suspensión cautelar da autorización da mina de feldespato, en Muras, a carón do Xistral. A campaña #TiPodesParalos de ADEGA consegue os primeiros 30.000 euros de doazóns no seu primeiro mes de recadación solidaria para tombar nos tribunais ducias de macroproxectos eólicos que exercerán danos irreversíbeis no territorio e que non obedecen a un modelo enerxético xusto, sustentábel e ordenado. Por outra banda, as pasteiras de Portugal seguen apostando por Galiza para o incremento do seu negocio do eucalipto e a agricultura ecolóxica, sen axudas da administración. Todos os detalles, no programa de Radio Cerna de hoxe!…
Novo golpe xudicial contra a política eólica da Xunta! A asociación ecoloxista ADEGA consegue tumbar nos tribunais o Parque Eólico Campelo de Greenalia, nos concellos de Coristanco e Santa Comba. Unha sentenza que cae como auga de maio para todos aqueles recursos que se pretendan presentar contra os novos proxectos eólicos autorizados pola Xunta. O Tribunal considera que o Campelo é unha fragmentación dun macroproxecto eólico de maiores dimensións nos que estarían relacionados outros dous polígonos eólicos: Bustelo e Monte Toural, tamén de Greenalia. Paralelamente, ADEGA pon a andar varias campañas de recadación colectiva "Ti podes paralos!" para precisamente frear a actual invasión eólica do país nos tribunais.…
Comezan a aparecer publicadas no DOG as primeiras resolucións das 75 autorizacións de proxectos eólicos, outorgadas o pasado mes de abril pola Xunta. Os parques eólico Rodicio II e Monte da Croa xa están en tempo de desconto para a presentación de recursos contra ditas autorizacións. ADEGA anuncia que nos próximos días iniciará unha campaña de recadación solidaria para poder afrontar os recursos xudiciais contra varios destes proxectos, que considera antiecolóxicos, especulativos e socialmente inxustos. No mar, o Tribunal Supremo admite o recursos dos mariñeiros contra os plans de ordenación dos espazos mariños do Estado, que son os que marcan onde colocar a eólica mariña. Mentres a ministra Ribera defende a compatibilidade dos eólicos mariños coa pesca, os demais grupos do Congreso retíranlle o apoio. Isto é só o comezo. Coñece máis novas da semana escoitando este programa de Radio Cerna.…
ADEGA anuncia unha batería de recursos xudiciais contra a aprobación exprés de 75 macroproxectos eólicos por parte da Xunta que teñan un especial impacto sobre o patrimonio natural e cultural e adianta que porá a andar unha campaña de recadación colectiva para tal fin. Nesta semana tamén denunciu máis dunha ducia de plantacións ilegais de eucalipto na Serra do Xistral en zona de ampliación da Rede Natura e con hábitats prioritarios. A seca pon en garda aos profesionais de prevención dos lumes forestais, que seguen pedindo ser incorporados a tarefas de prevención durante todo o ano, cando está en marcha o anteproxecto dunha nova lei de incendios. Escoitarás en detalle estas e outras novas da semana, aquí en Radio Cerna!…
Este domingo 23 de abril, a Coordinadora Eólica Así Non acordoará a Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela, para esixir ao goberno galego que denegue máis de 75 proxectos eólicos cuxa data de autorización vence a vindeira semana. De aprobarse esta enxurrada de parques eólicos, sen unha planificación con fins sociais e ambientais, os danos poderían ser irreversíbeis, advirte a organización. Moitas da plataformas locais afectadas pola invasión eólica xa se están preparando para o que se aveciña e anuncian accións xudiciais. Doutra banda, o Ministerio tomba os proxectos eólicos Barxas e Prada que pretendía colocar 53 aeroxeradores nas montañas do Courel, O Bierzo e Pena Trevinca. Estas e outras novas, no boletín informativo de Cerna!…
Esta semana anunciouse o primeiro proxecto de eólica mariña transfronteirizo do sur de Europa, entre Galiza e Portugal, cunha potencia de instalación de 2 GW. e 530 km2 de superficie ocupada. A eólica mariña está aparecendo con forza fronte a un sector pesqueiro moi preocupado. A Xunta presentou tamén nestes días a súa estratexida de mobilidade, a cal non contempla a necesidade de reducir desprazamentos nin distancias. ADEGA enfoca esforzos na defensa do Val do río Rato en Lugo e pon a disposición un modelo de alegacións para presentar antes do vindeiro martes 18. E mañá sábado, celebra a súa 47ª Asemblea Xeral na cidade romana, na que entregará os Premios Osíxeno e Dioxina 2022.…
ขอต้อนรับสู่ Player FM!
Player FM กำลังหาเว็บ