Radio Fedello สาธารณะ
[search 0]
เพิ่มเติม
ดาวน์โหลดแอปเลย!
show episodes
 
Loading …
show series
 
Dende Radio Fedello festexamos un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Música: - Camiño Branco - Najla Shami - Unha vez tiven un cravo - O Val das Mouras - GALICIA ( Version de Rosalia de Castro) Adhara and Ritman - Catoira Style - Alumnado de 6º de EP do CPI Progreso de Catoira - Negra sombra - Evoeh - Malaxente - MJ Pérez…
  continue reading
 
Unha pequena homenaxe a esas grandes persoeiras da nosa historia, esa memoria vivinte que vai pasando de xeración en xeración, esas vivencias que forman pontes entre camiños para que as historias nunca morran. Por elas, que conservaron e nos transmitiron esta a Nosa Lingua, que no día de hoxe festexamos o seu día!…
  continue reading
 
Un ano máis, rematan as bolsas de mobilidade Galeuropa. Como fin de festa tivemos connosco a seis das persoas que participaron este ano, a Lisboa e a Palermo, contándonos cousas desa experiencia que lles cambiou a vida. Música libre por cortesía de La Trocamba Matanusca.
  continue reading
 
Nun dos días máis especiais para as galegas e galegos, homenaxeamos ao escritor deste 2017, Carlos Casares. Adentrámonos no mundo literario do autor e coñecemos iniciativas e recursos que recollen a súa obra, incluíndo unha entrevista a Miguel Grandío, director da webserie Vento Ferido. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!! Contido do programa: Historia …
  continue reading
 
Con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Plataforma Feminista Galega de Ourense achégase ata Radio Fedello para tratar o tema da violencia de xénero: que é, que labor realizan para parala e que actividades realizarán do gallo do 25 N. Música: Cona Revolution de Sacha na Horta.…
  continue reading
 
Desta volta, o noso colaborador Ramón fala con Ángel Amaro sobre as actividades relacionadas co Outubro Trans, a campaña Stp2012 e a mani do 23 en A Coruña pola despatoloxización trans. Temos que dar as grazas a Ángel Amaro por partillar este tempo connosco. Música de Sacha na Horta, Barbeito por dereito.…
  continue reading
 
Falamos con integrantes de Isca sobre esta organización con motivo do seu 10º aniversario, que será celebrado en Compostela o próximo 18 de xuño. Na conversa non faltou o debate sobre que é a mocidade ou a situación política actual. Música: "A Xustiza Pola Man" e "Hasta la Disglosia Siempre" de Poetarras e "ZUMO" de A Magnífica Banda dos Homes sen …
  continue reading
 
Radio Fedello estivo presente na celebración das Xornadas Abertas de Fútbol Gaélico celebradas en Ourense (abril 2016). Gravamos o faladoiro "O Deporte como Base de Inclusión Social", que xirou en torno á creación da equipa mixta de Fútbol Gaélico Afiadoras e á situación das mulleres no deporte. Ademais, coñecemos o proxecto Xogamos Todas, de inclu…
  continue reading
 
Falamos con María, Ana e María Victoria sobre intervención asistida con animais: aclaración de termos, reflexións sobre a situación da profesión, debate en torno aos cans para mulleres vítimas de violencia. Ademais, coñecemos á entidade Can Ensino. Música: ZUMO, A Magnífica Banda dos Homes Sen Medo.
  continue reading
 
Escoitamos as Conclusións extraídas dos grupos de discusión reunidos con motivo da I Xornada sobre os Instrumentos Profesionais do Traballo Social, Xornada adicada a debatir en torno á desvirtuación e usurpación dos instrumentos propios da profesión, centrándose no Informe Social de Inclusión (ISI) e o proxecto de Historia Social Única Electrónica.…
  continue reading
 
Do 15 ao 30 de abril celébrase a 21º edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. Falamos con Fernando Dacosta, o seu director, sobre a programación deste ano e con Marcos Vázquez, un dos actores da nova obra da Aula Universitaria de Ourense Maricastaña. Por suposto, falamos tamén da situación do teatro en Galicia.…
  continue reading
 
Falamos cunha das traballadoras sociais da AECC en Ourense para coñecer o traballo da Asociación. Ademais, falamos cunha das voluntarias hospitalarias na Asociación. Música: "Z.U.M.O" A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo.
  continue reading
 
Un grupo de mulleres veciñas de Ourense, interesadas no proxecto da Plataforma Feminista Galega están intentando crear unha rede de apoio e participación en Ourense. Con motivo da primeira asemblea, entrevistamos a dúas das súas impulsoras. Ademais, coñecemos as actividades da Platorma Feminista de O Carballiño a través da voz de dúas activistas. M…
  continue reading
 
Na semana do 4 ao 7 de abril a Facultade de Ciencias da Educación énchense de realidade social grazas á labor do alumnado de Educación e Traballo Social. Do 4 ao 6 de abril celébrase a 3º edición da Semana da Promoción Social, onde alumnado de educación social e traballo social organiza palestras e obradoiros nos que coñecer ámbitos pouco abordados…
  continue reading
 
A xestión de residuos é un tema controvertido. Existen moitas dúbidas sobre o proceso de separación e reciclaxe do lixo. Debatimos en torno a este tema con varios ambientólogos/as. Se tes dúbidas sobre como é o funcionamento real da xestión de residuos non te podes perder este programa. Música: "Barbeito por Dereito" de Sacha na Horta (Temos moito …
  continue reading
 
Coñecemos ao Cineclube Padre Feijoo, unha asociación cultural que ofrece tódalas semanas cine non comercial na cidade de Ourense. Un dos seus organizadores preséntanos a programación desta nova temporada, dentro da cal se inserta o ciclo "Viaxes e Procuras", ademais de outros filmes. Imprescindible coñecelo se vives en Ourense!! Música: "À Procura …
  continue reading
 
Iniciativa Xove é unha liña de axudas da DXXV para a realización de proxectos por parte de mozos e mozas. As Asociacións ou grupos informais poden pedir un máximo de5000 para implementar o proxecto. Prazo aberto ata o 4 de abril. Se queres saber máis detalles escoitade ao Dinamizador da Xunta!
  continue reading
 
Entrevista a Francisco Aguiar, profesor de traballo social na Unversidade de Vigo e organizador desta I Xornada sobre os Instrumentos Profesionais do Traballo Social. A Xornada xirará en torno a desvirtuación e usurpación dos instrumentos propios da profesión, centrándose no Informe Social de Inclusión (ISI) e o proxecto de Historia Social Única El…
  continue reading
 
Portugués Perto é un ciclo de actividades culturais que busca subliñar a proximidade entre Galiza e os países lusófonos, demostrando as múltiples vantaxes que iso supón para nos. Falamos con Filemón, o Xestor de Actividades Culturais do Campus de Ourense, que nos presenta a programación desta sexta edición. Música: "Kamba de Fala" de Aline Frazão e…
  continue reading
 
Con motivo do Día Internacional da Muller gravamos as voces de persoas ligadas a AUCE recitando poesías e fragmentos onde se denuncia a situación de desigualdade e se aposta por un mundo onde a diversidade sexa, por fin, entendida como riqueza, onde a violencia e desigualdade non teñan cabida.
  continue reading
 
Recollemos a presentación de Radio Fedello no centro cultural A Galleria. Falamos dos nosos inicios, o noso presente e os nosos proxectos de futuro. Por suposto, non faltou a crítica....iso si, sempre constructiva. Música: "Amondinho", de Sacha na Horta (Temos moito por sachar).
  continue reading
 
Coñecemos os proxectos da Asociación Unversitaria de Ciencias da Educación AUCE (Ourense), dende os máis consolidados, como ESTOU ou Radio Fedello ata novidosos como o Invernadoiro Solidario, un proxecto consistente na creación dunha horta comunitaria ou a publicación do libro Dous Máis Un. Música: "A Rosaleira" de Projecto Trepia e "Olhar Adiante"…
  continue reading
 
Entrevista con Ángel Amaro Quintás, sociólogo, coeducador, activista LBTBIQ+ e feminista. Coñecemos de primeira man que é a coeducación rural. Falamos da situación dos dereitos LGTBIQ+ en Galiza, no contexto rural e urbano, da necesidade de revisar vellos debates e abrir novos, escoitamos propostas. Reflexións que non che deixarán indiferente. Obri…
  continue reading
 
No Día Mundial da Radio non podemos máis que renderlle homenaxe a este medio de comunicación que leva formado parte das nosas vidas dende sempre. Para celebralo, recopilamos as voces de diferentes persoas falando da Radio, o que significa para elas, as lembranzas que lles suxire. Por suposto, falamos tamén de Radio Fedello e do que significa para a…
  continue reading
 
Loading …

คู่มืออ้างอิงด่วน